venres, 13 de abril de 2012

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS:
Os nenos e nenas da clase de 5 anos fomos de visita ao Parque de Bombeiros. Vimos os coches cos que apagan os lumes, os traxes que poñen e os cascos. Tamén baixamos un pouquiño pola cucaña que usan para chegar máis rápido.
¡Foi unha visita fantástica!



Aquí estamos dentro dun coche de bombeiros.





¡Baixar pola cucaña foi estupendo!


Os cascos son fantásticos, parece que vimos do espacio.
VIVENCIAS NOS CANTÓNS
Os de 5 anos fomos de visita aos Cantóns. Alí fixemos unhas actividades cos monitores para descubrir cos nosos sentidos todo o que alí había.


venres, 6 de abril de 2012

Na clase de tres anos recibimos unha invitación para visitar a OLE, un paxaro azul que vive na biblioteca do Fórum. ¡A visita resultou fantástica!


xoves, 8 de marzo de 2012

ENTROIDO
Á clase de 3 anos chegou un baúl misterioso cheo de....¡disfraces!
Na clase fixemos uns disfraces de peixe arcoiris con bolsas e papeis de cores e o venres disfrazámonos con eles.
Ese día houbo unha merenda especial: filloas, roscas, orellas... ¡Que rico estaba todo!
E por suposto...¡baile!






venres, 2 de marzo de 2012

DÍA DA PAZ:
O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz con todo o cole.
Nas clases lemos o libro "El pez Arcoiris" e fixemos uns colgantes coa pomba da paz.
No salón de actos os nenos de 1º e 2º leron un manifesto sobre a paz e despois todos xuntos cantamos dúas cancións.

Tamén decoramos as aulas e corredores con murais sobre o tema.


luns, 13 de febreiro de 2012

BENVIDOS A ANXO MIÚDO

Hola a tod@s
Hoxe, día 13 de febreiro de 2012, iniciamos a nosa andadura neste blog. Esperamos contar co voso interés e tamén que compartades con nós as vosas inquedanzas. Podes facer comentarios, suxerencias, críticas construtivas, todo aquilo que se vos ocorra e que nos sirva de motivación e aprendizaxe neste camiño que hoxe emprendemos.
Saúdiños a tod@s e benvidos unha vez máis.