venres, 13 de abril de 2012

VISITA AO PARQUE DE BOMBEIROS:
Os nenos e nenas da clase de 5 anos fomos de visita ao Parque de Bombeiros. Vimos os coches cos que apagan os lumes, os traxes que poñen e os cascos. Tamén baixamos un pouquiño pola cucaña que usan para chegar máis rápido.
¡Foi unha visita fantástica!



Aquí estamos dentro dun coche de bombeiros.





¡Baixar pola cucaña foi estupendo!


Os cascos son fantásticos, parece que vimos do espacio.
VIVENCIAS NOS CANTÓNS
Os de 5 anos fomos de visita aos Cantóns. Alí fixemos unhas actividades cos monitores para descubrir cos nosos sentidos todo o que alí había.


venres, 6 de abril de 2012

Na clase de tres anos recibimos unha invitación para visitar a OLE, un paxaro azul que vive na biblioteca do Fórum. ¡A visita resultou fantástica!