xoves, 8 de marzo de 2012

ENTROIDO
Á clase de 3 anos chegou un baúl misterioso cheo de....¡disfraces!
Na clase fixemos uns disfraces de peixe arcoiris con bolsas e papeis de cores e o venres disfrazámonos con eles.
Ese día houbo unha merenda especial: filloas, roscas, orellas... ¡Que rico estaba todo!
E por suposto...¡baile!






venres, 2 de marzo de 2012

DÍA DA PAZ:
O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz con todo o cole.
Nas clases lemos o libro "El pez Arcoiris" e fixemos uns colgantes coa pomba da paz.
No salón de actos os nenos de 1º e 2º leron un manifesto sobre a paz e despois todos xuntos cantamos dúas cancións.

Tamén decoramos as aulas e corredores con murais sobre o tema.