martes, 31 de marzo de 2020

DEBUXAMOS



Saúdos!

luns, 30 de marzo de 2020

Contamos un conto?


A MELLOR SOPA DO MUNDO!


Autora: Susanna Isern & Mar Ferrero 
Editorial: OQO


1. REFLEXIONAMOS... 
Ao rematar a lectura do conto podemos falar sobre o seu contido a partir de preguntas como por exemplo: 
- Cales son os protagonistas do conto? 
- Cal é o animal que máis che gustou? 
- De todos os ingredientes que levaban, cales usarías ti para facer unha sopa? 
- Botas en falta algún ingrediente máis? 
- Por que lles sabía tanto a sopa a todos? 
2. XOGO DRAMÁTICO. 
Podedes xogar toda a familia. Repartirvos personaxes: tartaruga, coello, cervo, raposo, oso e lobo. Ademais, ao estar na casa, podedes empregar os utensilios de cociña (que non se rompan) e facelo aínda máis real. 
Acordádevos de crear unha voz a cada personaxe, roupas diferentes ou incluso algunhas máscaras que podedes imprimir de internet e colorear. 







venres, 27 de marzo de 2020

ESPECIAL Monstro de cores

Seguro que todos coñecedes a historia do "Monstro de cores"... pero publicouse unha versión moi especial que fala desta situación que estamos vivindo.




Como actividades prácticas para acompañar e xogar co mesmo conto podemos:   

1- Buscar na casa obxectos de diversas cores e ordealos  segundo as mesmas.
2- Pensar e falar sobre cada unha das emocións e comentar que cousas, situacións ou experiencias che producen alegría, tristeza, medo, rabia ou calma. 
3. Escoitar a canción e bailar.




*Recoméndovos esta páxina: Aulas Galegas, na que participan mestres e mestras de Galicia e suben actividades, recomendacións e xogos para todas as idades.

xoves, 26 de marzo de 2020

MISIÓN V: practicamos Ioga

Podemos manternos en forma e pasalo ben practicando algo de deporte:

que vos parecen unhas sesións de IOGA en familia?

(Ademais están en inglés ;) 
Really fun!


"GOOD MORNING SUN"



"JUNGLE ADVENTURE"



"AIRPLANE RIDE"




Esperamos que vos guste!

Tedes tamén estes recursos para xogar sin depender da tecnoloxía todo o tempo!

mércores, 25 de marzo de 2020

CONTAMOS UN CONTO?

Seguindo a iniciativa de Biblioanxo: que vos parece si escoitamos un novo conto?

Xa que estes días temos que quedar na casa...creo está xenial esta historia.

A CASA DA MOSCA CHOSCA


SE QUERES DESCARGAR O ARQUIVO PINCHA AQUÍ.




Tamén propoñemos outras actividades como:

- DEBUXAR O ANIMAL QUE MÁIS CHE GUSTOU.


- XOGO SIMBÓLICO: EMPREGANDO A MESA DA CASA, PREPARADE AS COUSAS COMO SI CHEGARAN INVITADOS.


- MANUALIDADE: CREADE CON CARTÓN OU PLASTILINA UNHA TARTA.


- LÓXICA MATEMÁTICA: PODEMOS INVENTAR "PROBLEMAS" MENTRES XOGAMOS. 

SI TEMOS 4 PLATOS E SOMOS 7 INVITADOS, CANTOS PLATOS FALTAN POR POÑER?

QUEREN TARTA A RAPOSA, O ESCARAVELLO, A MOUCHA E O LOBICÁN. EN CANTOS TROZOS DEBO PARTIR A TARTA PARA QUE CADA UN TEÑA UN ANACO?

- LECTO ESCRITURA:  TAMÉN PODEDES CREAR UNHA INVITACIÓN PARA OS AMIG@S.

-MÚSICA: ESCOITA E BAILA A CANCIÓN DA MOSCA CHOSCA.




martes, 24 de marzo de 2020

XOGOS E RECURSOS ONLINE

Aqui vos deixamos unha recompilación de apps e xogos educativos feitas por mestres e mestras de toda España, para que poidades escoller e aprender xogando. A disfrutalos!!

luns, 23 de marzo de 2020

MISIÓN IV: nós tamén creamos!

Bo día!
 A idea de hoxe é crear un material que a todos os nenos e nenas de Infantil lles encanta!

 A PLASTILINA

Seguide os pasos que vos indicamos a continuación e si necesitades ver o vídeo pinchade no enlace.



Nós acabámola de facer na casa e pasamos un rato moi divertido!

venres, 20 de marzo de 2020

Día mundial da poesía!

Proposta para conmemorar este día tan especial!

Podes ver o documento aquí máis amplio, con enlaces directos ao conto e á canción de “Rosalía pequeniña”.



mércores, 18 de marzo de 2020

MISIÓN III: Matematízate!

Sempre nos comentades que á hora de ensinarlles lóxica-matemática  aos nenos e nenas  estades un pouco perdidos...e é que todos lembramos aqueles libros que facíamos de pequenos. ;)

Pero hai formas moi divertidas de aprender, tamén as matemáticas!!

O reto de hoxe é moi sinxelo







martes, 17 de marzo de 2020

MISIÓN II. Como establecer unha rutina?

Hoxe queremos aconsellarvos o feito de seguir unhas rutinas cos vosos fillos e fillas.

Pola mañán ou o día anterior, falar que cousas e actividades ides a facer (podedes chegar a un acordo entre todos).

Deixámosvos un exemplo, do que podería ser unha xornada "especial" nestes días.


Aquí, podedes axudarvos coas actividades que tamén vos propoñen as mestras titoras.

Saúdos!

luns, 16 de marzo de 2020

MISIÓN I: quedarse na casa!

Boas familias!
Trataremos desde este blog de infantil do CEIP Anxo da Garda de facervos pasar estes días o máis entretidos e divertidos posibles, ofrecéndovos suxerencias e ideas para realizar cos vosos nenos e nenas na casa. Sempre tendo en conta o que vos manden as propias titoras a través do e-Mail.