venres, 29 de abril de 2016

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS

Ola a todos e todas!
Hoxe, os nenos e nenas da clase de 5 anos pasárono en grande porque visitamos o Parque de Bombeiros da Coruña! 
Foi moi divertido e interesante, pois descubrimos moitas cousas novas como as ferramentas que empregan os bombeiros, os seus vehículos, a barra pola que baixan a toda velocidade, os sons de emerxencias, a mangueira... De feito, tivemos moita sorte porque puidemos probarnos os seus traxes e manexar todos e todas unha das súas mangueiras. Ademais, antes de marchar lles entregamos algúns debuxos feitos polos pequenos/as que prometeron expoñer nas súas instalacións.
Foi xenial! Unha experiencia única.

Moitos bicos!

Probando a súa roupa de traballo



Observando como empregan as mangueiras nos seus camións

Probando unha das súas mangueiras!


sábado, 23 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO

Ola a todos e todas!
Esta semana estivemos a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e, por iso, tivemos algunhas sorpresas. 
O xoves recibimos a visita dunha conta-contos marabillosa que nos mergullou nunhas historias preciosas. Neste contacontos gozamos con tres historias moi divertidas: O planeta Sirabum, no que todos os problemas teñen solución. O elefante Dante, que aprendeu a quererse tal e como é. E Os amigos Álvaro e Paco, que despois dalgunhas diferenzas creceu entre eles unha boa amizade. Con estes tres contos aprendimos que as diferenzas non importan, que todos temos cousas en común e que debemos axudarnos a superar xuntos os obstáculos.

Por outra banda e para rematar a semana, o venres pasámolo moi ben cunha iniciativa moi chula do cole, chamada Padriños Lectores. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6 º de EP "apadriñan" pequenos grupos dos cursos inferiores aos que lles contan contos moi divertidos. Os alumnos/as de 3 anos foron apadriñados por nenos/as de 5º de EP e os de 4 e 5 anos foron apadriñados por nenos/as de 6º de EP. Foi un día diferente e pasámolo en grande!

Un saúdo!


CONTA-CONTOS




PADRIÑO LECTOR





mércores, 6 de abril de 2016

CONTACONTOS: O LOBO FEROZ.

Boas tardes!
Onte, todos os nenos/as de Educación Infantil puidemos disfrutar cun conto estupendo que foi contado marabillosamente por parte do noso narrador! 
Pásamolo moi ben e dous dos nosos compañeiros foron seleccionados para interpretar algunhas escenas do conto.
A verdade é que todos/as gozamos moitísimo con esta historia de lobos feroces que non o son tanto. O lobo feroz quere aprenderlle ao seu sobriño a ser un lobo malo, pero este disfruta moito máis sendo amable e cociñando biscoitos. Foi moi divertido.

Agardamos impacientes polo seguinte conta-contos!




luns, 4 de abril de 2016

SAÍDA A BONILLA

Ola a todos/as!
Temos que contarvos unha novidade! A semana pasada vivimos unha experiencia irrepetible tras as vacacións de Semana Santa. Os nenos/as de 4 anos visitamos a fábrica de Bonilla! Alí aprendemos moitas cousas: contáronnos a historia do fundador da fábrica, vimos como son as máquinas que empregan, como elaboran esas patacas fritas tan ricas, descubrimos que ademais de patacas tamén fan gusanitos, vimos por primeira vez como é o azucre (almidón) das patacas (que extraen na fábrica), xogamos a pasarnos un saco de gusanitos entre todos...
Ademais, antes de marchar déronnos un agasallo ben delicioso... Unha bolsa de gusanitos e outra de patacas fritas.
Todo foi moi emocinante incluindo, por suposto, a viaxe no bus!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta excursión tan divertida. 
Bicos!



 Xogando co almidón da pataca

 Descubrindo a fábrica

 Un paquete xigante de gusanitos!

A sorpresa final: patacas e gusanitos de agasallo!