luns, 21 de decembro de 2015

Bo nadal!

Hola compañeiros e compañeiras!
Esta última semana de cole foi moi emocionante porque sabíamos que o venres íamos recibir unha visita moi especial: os Reis Magos! Por iso, durante a semana estivemos a elaborar a carta cos agasallos que queríamos pedir e que lles entregamos aos Reis de Oriente. 
Pero ademais disto, o venres tamén puidemos gozar da actuación dun mago que fixo uns trucos de maxia espectaculares! A verdade é que quedamos encantados.
Aquí vos deixamos unhas imaxes deste día tan especial.
Desexámosvos moi boas festas a todos/as.

Moitos bicos.



venres, 11 de decembro de 2015

Grupo IAR

Boas tardes a todos e todas!
Hoxe temos unha novidade que contarvos porque todos os nenos e nenas de infantil recibimos a visita do grupo IAR! Trátase dun grupo de bailes populares galegos con música da nosa terra.
Despois do recreo fomos emocionados ao salón de actos, onde nos esperaban estes grandes artistas. Con eles descubrimos a música tradicional galega e algúns dos instrumentos que se empregan habitualmente, como a gaita ou a pandereta. Pero tamén aprendemos que se poden crear sons con cousas inimaxinables para nós, como unha lata de pimentón!
Durante a actuación ata sacaron voluntarios ao escenario que bailaron e tocaron algún instrumento! Por último, antes de rematar o espectáculo, bailamos en grande grupo unha muiñeira preciosa. 
A verdade é que o pasamos xenial. Foi un grande día! Aquí vos deixamos algunhas imaxes.








Un saúdo!