mércores, 3 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ

Boas tardes!
Nesta ocasión gustaríanos compartir con vós a celebración da semana da paz que tivo lugar a semana pasada. Ao longo dos días falamos acerca do que significaba para nós a paz e que cousas debíamos facer para estar felices cos demais e con nós mesmos. Así, xurdiron ideas diversas como: "Debemos xogar cos demais", "facer caso aos maiores", "portarnos ben", "compartir", "pedir perdón e saber perdonar", "falar sen berrar", etc.

Ademais disto, limos contos como "Cuando soy amable", pintamos pombas da paz, escoitamos e practicamos a canción "El mismo sol" (Álvaro Soler), decoramos un anaco da palabra "PAZ" que elaboramos a modo de puzle entre todos os cursos de Infantil e Primaria... Así mesmo, os nenos e nenas de Educación Primaria elaboraron moitísimas grullas de moi diversas cores e con papeis reciclados que decoraron a entrada do colexio.

Por último, o venres reunímonos todos os cursos no salón de actos, onde formamos a palabra PAZ unindo o anaco de cada aula e, a modo de colofón, cantamos todos xuntos a xa citada canción "El mismo sol". Foi moi divertido!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.






Moitos bicos!