luns, 23 de decembro de 2019

FELICES FESTAS

Os nenos e nenas de 4 anos queremos dexesarvos o mellor  para o próximo ano. FELICES FESTAS

venres, 21 de xuño de 2019

O NOSO LUGAR FAVORITO DA CIDADE: 4º DE INFANTIL

Este é o mapa interactivo virtual creado cos traballos realizados polo alumnado de 4º de E. Infantil e as suas familias, na procura do seu lugar favorito. Tamén aparecen aqueles outros lugares importantes que visitamos ou traballamos ao longo do curso.



OS NOSOS LUGARES FAVORITOS DA CIDADE: 5º DE INFANTIL

Este é o mapa virtual creado cos traballos realizados polo alumnado de 5º de E. Infantil e as suas familias, na procura do seu lugar favorito. Tamén aparecen aqueles outros lugares importantes que visitamos ou traballamos ao longo do curso.


venres, 7 de xuño de 2019

NOS TAMÉN CREAMOS: A VELLA LULULA

Aquí vos deixamos a curta "A vella Lulula" coa que o alumnado das aulas de 3 e 4 anos, xunto cos compañeiros de 1º de Primaria participamos no certame "Nós tamén creamos" dentro do Plan Proxecta, que consistiu en animar coa técnica stopmotion un conto da colección de OQO Editora.



E como non....imaxes do making off:

venres, 17 de maio de 2019

O casamento da mosca e a pulga


Aqui vos deixamos a historia da voda da Mosca e a Pulga, cantada pola profe Andrea, que representamos cos debuxos do alumnado da aula de 4 anos, empregando a app Puppet Pals do iPad, como homenaxe a Antonio Fraguas