venres, 15 de xaneiro de 2016

Fin do mural "O monstro de cores"

Ola a todos/as!
Hoxe, por fin, rematamos o mural sobre o conto do "Monstro de cores". Pasámolo moi ben elaborando e decorando o mural e aprendimos moito sobre as emocións. Retrasámonos un pouco debido ás celebracións do cole que coincidiron os venres, na hora de Atención Educativa.
Espero que vos guste o noso traballo. Pronto comezaremos con outro fermoso conto.

Un saúdo! 


Nesta ocasión, pintamos os botes das emocións e os seus monstros, cheos de emocións: alegría, tristeza, rabia...




Unha vez pintados, pegámolos no mural escribindo cada unha das emocións que coñecimos neste conto.




E este foi o resultado final!