martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL!!

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA ESTE NADAL

sábado, 31 de outubro de 2020

2020: SAMAÍN TERRORIFICO

 Como cada final de outubro, preparamonos para pasar....e meter medo!!! En 3 e 4 anos instalamos unha tea verde e coa tecnica chroma tentamos simular asustar e ser asustados!! Preparados???




Na aula de 5 anos prepararon un photocall .


domingo, 28 de xuño de 2020

A viaxe de 6º de Infantil arredor do mundo

Este curso comezamos unha viaxe arredor do mundo que nos levou por un montón de paises, unha magoa que non puidesemos rematalo, pero compartimos con todos o noso traballo:

venres, 19 de xuño de 2020

GRADUADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Hai case 3 anos chegamos de novo a este cole, e comezamos unha historia chea de contos, xogos, bailes,  risas,emocións...conversamos,traballamos, descubrimos, medramos, experimentamos, , compartimos e soñamos,...e como non, tamén nos enfadamos e choramos,.... pero ante todo COMPARTIMOS!!


Esta é a miña pequena homenaxe a este tempo vivido:



GRAZAS POR TODO CHIC@S!!

Solo me queda desexarvos o mellor na nova etapa que comenzades en setembro!! 

NORABOA!!
 XA SODES GRADUADOS EN EDUCACION INFANTIL




MIL GRAZAS TAMÉN AS FAMILIAS, POR ESTAR SEMPRE E COLABORAR NESTE CAMIÑO!


Vémonos!


Despois de varias videoconferencias de despedida, chegou o derradeiro día “de cole”.

Este foi un curso moi diferente a todos, e de conta nos dimos que se vos bota moito en falta... estamos moito tempo xuntos!

Todo o equipo de infantil mándavos unha gran aperta e bicos “virtuais”, desexando regresar á normalidade o antes posible!

Especial referencia aos nenos e nenas de 5 anos que empezarán  unha nova etapa educativa no cole, deixando atrás 3 anos de marabillosos recordos e aprendizaxes!!

Queremos desfrutedes  tod@s deste período de vacacións: xogando, correndo, indo en bici, paseando, lendo, indo á praia... facendo o que máis vos guste e rodeados por toda a xente que vos quere!!!





Vémonos en setembro!

xoves, 18 de xuño de 2020

San Xoán 2020

Aínda que este ano  o San Xoán será distinto, pois non podemos acercarnos ás praias, non quere  dicir que non o podamos celebrar.

 Invitámosvos  a “facer o cacho” e así ir preparándonos para este día!


mércores, 17 de xuño de 2020

Botella sensorial

Para ir preparándonos a semana que vén para unha nova estación, propoñémosvos realizar esta botella sensorial do verán!



martes, 16 de xuño de 2020

Ovelliña dame lá!

Hoxe temos este último conto do curso!
Esperemos vos guste!


luns, 15 de xuño de 2020

Spaghettis especiais!

Como o que máis nos gusta é experimentar, propoñemos esta actividade para ver os Spaghettis dunha forma diferente á habitual!

Ollo! Non os comades!!!



venres, 12 de xuño de 2020

Papaventos!

Chega o fin de semana e propoñemos realizar este papaventos reciclado por si vos animades  a facer algunha ruta ou paseo e queredes ver si voa!


xoves, 11 de xuño de 2020

Dinosaurio Belisario

Hoxe deixamos este conto tan especial, xunto cunhas actividades, se vos apetecen!



mércores, 10 de xuño de 2020

Escollo a correcta


Deixámosvos este xogo de lectoescritura para os máis maiores do ciclo!!

Seredes quen de adiviñar?


martes, 9 de xuño de 2020

Presta atención !!


Se queredes practicar estas habilidades...deixamos estas propostas!




luns, 8 de xuño de 2020

DECORAMOS TRIÁNGULOS


PRIMEIRO REPASAMOS OS TRIÁNGULOS
E DESPÓIS OS DECORAMOS LIBREMENTE, ESTE FOI O FERMOSO RESULTADO




ASOCIACIÓN CANTIDADE NÚMERO

Os minianxos traballamos a asociación número-cantidade, 

e o fixemos así de ben!!





Océanos sanos, planeta sano! 🌊

De novo hoxe temos unha conmemoración especial e moi importante para todos nós:
Día Mundial dos Océanos


Para tomar conciencia da súa importancia, máis para aprender pequenos xestos diarios que axudan a reciclar, reutilizar e a reducir o consumo de auga, deixámosvos este xogo tan divertido!


venres, 5 de xuño de 2020

Save the planet 🌏

Hoxe é un día especial para a nosa terra , conmemoramos o día mundial do medio ambiente.

- Deixámosvos esta curta proposta por Biblioanxo titulada: 
CHOIBA


- Estas son ideas para facer  na casa e axudar a entender un pouco máis o complexo mundo da Natureza e os seus fenómenos, máis axudar a cuidar o noso medio ambiente!




xoves, 4 de xuño de 2020

Te quiero (casi siempre)!

Os protagonistas de hoxe son: Lolo e Rita
Os dous son moi diferentes. 
Ás veces aceptar as diferencias non sempre é doado.

Despois do conto propoñemos estas actividades:





*Invitamos a falar tamén por que a Lolo se lle atribúen esas calidades e a Rita as outras. Podería ser ao revés?



Podedes descargar as plantillas e palabras aquí!



mércores, 3 de xuño de 2020

GRAFOMOTRICIDADE


Os minianxos decoraron con bastoncillos de algodón estes caracois. 



(Queredes escoitar a canción? Pinchade no título)

PRIMAVEIRA

Os minianxos aprendimos esta bonita poesía da primaveira. 

Quedaron ben fermosas!!!




Frío, frío 🥶

Hoxe outra posibilidade para xogar e experimentar!






martes, 2 de xuño de 2020

Xeado!

Ímonos preparando para tomar Xeado  rico!



luns, 1 de xuño de 2020

Sumerxímonos!

Para comezar este mes de Xuño e ir preparándonos para o bo tempo...que vos parece esta actividade?


venres, 29 de maio de 2020

Movémonos!

Propoñemos para hoxe estes movementos!


xoves, 28 de maio de 2020

De que cor é un bico?


Á nosa protagonista de hoxe encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será? 

Se queredes saber a resposta, prestade  atención a este conto tan bonito:



Depois, se queredes, propoñémosvos estas 💡 :



mércores, 27 de maio de 2020

Xogamos coa arte?👩🏻‍🎨

Como agora xa podemos saír a dar paseos, respirar aire puro e estar en contacto coa natureza. Pensamos sería boa idea recoller algunhas flores e follas para realizar a seguinte proposta, baseada no cadro de arte do autor ARCIMBOLDO, titulado: 
 a Primavera.

1. Propoñemos, antes de realizar o cadro, un xogo para pensar:




2. Agora sí, unha vez resolto o misterio:


Se non sodes quen de atopar moitas flores, aquí en este enlace deixámosvos algunhas imaxes para descargar.

martes, 26 de maio de 2020

Emocións

Hoxe propoñémosvos este xogo en familia das emocións.
Se queredes pasalo ben doutro xeito, aquí tedes esta proposta:



luns, 25 de maio de 2020

Construímos!

Hoxe propoñemos este xogo! 
Seguro que vos salen figuras chulísimas!

Hai que ter en conta as idades e o que pode facer cada neno/a, para ir ampliando dificultade.

venres, 22 de maio de 2020

Día da Diversidade Biolóxica

Hoxe celebramos o Día da Biodiversidade ou Diversidade Biolóxica, e aquí tedes uns videos para saber un pouquiño máis:







E unha lista de reproducción no que podedes coñecer distintos animais do mundo



xoves, 21 de maio de 2020

DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL

Vivimos nun planeta con unha gran diversidade cultural, e iso é riqueza.




Experimento VI

Hoxe propoñemos facer outro material parecido á plastilina que lles gusta moito utilizar aos nenos e nenas!




Por suposto, non é exactamente igual á que podemos mercar, pero pódese amasar, desemenuzar e facer moldes.

mércores, 20 de maio de 2020

Xogamos coas letras!

Hoxe propoñemos un xogo para os máis curiosos!




Dependendo do neno-a podedes incrementar a dificultade do xogo, empezando coas vogais, pasando por vogais e consonantes significativas (por estar no seu nome, no de mamá e papá, dos seus compañeir@s...) a escoller calquer obxecto e xogar a buscar as súas letras.

martes, 19 de maio de 2020

Movemento!!

A proposta de hoxe consiste nun movemento moi particular!


A xogar!

luns, 18 de maio de 2020

Día Internacional dos Museos : Museo Ghibli - Tokyo

No Día Internacional dos Museos viaxamos a Tokyo para visitar o Museo Ghibli , creado polo  mestre animador Hayao Miyazaki, ganador dun Oscar á mellor película de animación por El viaje de Chihiro. O seu obxectivo é que os nenos (que son tratados como adultos) e os mozos de espíritu  descubran, sintan, disfruten e reflexionen.






domingo, 17 de maio de 2020

Eu 💜galego!

Este ano adicouse o día das Letras Galegas ao autor: 

Ricardo Carvalho Calero

Como cada ano, Os Bolechas presentan un conto que resume dunha forma sinxela e divertida,  a vida e algunhas obras máis importantes dos autores e autoras homenaxeados.




Desde BIBLIO ANXO propóñennos unhas recomendacións lectoras en galego fenomenais!



E para rematar, que vos parece esta canción para celebrar que...

VIVAMOS COMO GALEGOS!!




venres, 15 de maio de 2020

Feliz día da família!

Hoxe é o día internacional da familia.

E máis que nunca, nos tempos e a situación que estamos a vivir, A FAMILIA  é o máis importante da nosa vida. Xuntos conseguiremos superar estes momentos difíciles.
Moitas apertas e saúdos do Equipo de E.I.

Hoxe, propoñemos este xogo tradicional, pero moi divertido, para pasar tempo xuntos!
Coa vosa imaxinación e creatividade seguro podemos darlle un pouco de color!










xoves, 14 de maio de 2020

Descobre por ti mesm@

Seguimos coa nova proposta de lóxica...apetécevos xogar a pensar?











mércores, 13 de maio de 2020

La magia de los aplausos

Hai moito tempo que non nos vemos... todo o equipo de Educación Infantil mándavos moitos saúdos e abrazos. 

Estamos desexando vervos de novo.

Aproveitamos para mandarvos unha forte aperta a todas as familias e desexamos  que todas esteades ben de saúde!
——————————-
Durante este confinamento hai dous momentos do día que todos esperamos con ansia (o de saír á rúa) e o momento de aplaudir.

De isto trata este novo conto titulado:

 “La magia de los aplausos”


Propoñémosvos como actividade:

martes, 12 de maio de 2020

Sopa de ZIgZags

Seguimos con outra das propostas de Hervé Tullet, neste caso unha marabillosa 
Sopa de Zigzags.





Aquí vos deixo o diseño do prato, por si queredes!


luns, 11 de maio de 2020

Experimentos V

Hoxe aprenderemos sobre a densidade dos líquidos facendo experimentos caseiros e sinxelos con auga, aceite e algún ingrediente máis!




É importante que antes de cambiar ao seguinte paso fagades preguntas e faledes do que ocorre, queremos favorecer (aínda máis) a curiosidade e a investigación dos feitos.
Se o de falar non é o voso...os debuxos son fiel reflexo dos seus pensamentos!

E coidado, como vedes á algunha sóubolle a mestura!

venres, 8 de maio de 2020

Movémonos!

Para irnos preparando para o fin de semana, esta proposta de movemento!






Bo fin de semana!!

MINIANXOS COCIÑEIROS

PARTINDO DA PROPOSTA DO LIBRO DE HERVÉ TULLET


OS MINIANXOS COCIÑAMOS ESTAS RICAS BROCHETAS



xoves, 7 de maio de 2020

E soplarei e soplarei...


Todas as semanas levamos a cabo na aula actividades que favorezan o desenvolvemento da linguaxe oral, dentro do Programa PELO (para favorecer a área de comunicación e representación)

Seguro estades a falar moitísimo (isto é bo para este desenvolvemento) pero tamén debemos traballar outros aspectos, como por exemplo neste caso: o soplo.
A continuación suxerímosvos estes pequenos e sinxelos xogos.