martes, 24 de novembro de 2015

As emocións

Ola a todos/as!!
Hoxe queremos amosarvos o que estamos abordando en Atención Educativa cos nenos e nenas de 4 anos. Decidimos traballar as emocións e descubrimos un conto marabilloso que nos axudou a comprender un pouco mellor os nosos sentimentos: tristeza, medo, alegría, rabia, amor... Sabedes como se titula este conto? O MONSTRO DE CORES!
E visto que nos gustou tanto, comezamos a facer entre todos e todas un mural co seu protagonista, como podedes ver nas imaxes. Nesta ocasión, pintámolo de verde, que representa a calma, e falamos sobre aquelas cousas que nos fan sentir tranquilos.
En adiante, seguiremos adornando o noso mural con máis emocións, letras e cores. Non vos preocupedes porque vos manteremos informados.




Saúdos e bicos!!

venres, 13 de novembro de 2015

Os sentidos

Ola a todos e todas!
Esta semana os nenos e nenas de 4 anos estiveron a traballar cos nosos amigos o olfacto, o tacto, o gusto, a vista e o oído. 
Hoxe, a profe Paula, tiña unha sorpresa que darnos! Trouxo café, curri, crema de frambuesa e colonia para que puidésemos descubrir o seu olor. Tamén trouxo diferentes texturas: fieltro, goma eva e ata un ourizo co que tivemos que ter moito coidado! E para xogar co noso amigo o gusto puidemos probar un limón, que sabía moi ácido, e tamén un pouco de sal. Pasámolo en grande!
Aquí vos deixamos unhas imaxes da nosa divertida experiencia!






Moitos bicos!

venres, 6 de novembro de 2015

Aprendendo as letras!

Ola a todos e todas!
Hoxe queremos amosarvos o que están a avanzar no coñecemento das letras os nenos e nenas de 5 anos. Despois de traballar un pouco, gozamos dun tempo de lecer no que os rapaces e rapazas pudieron manipular o que tanto lles gusta, a plastilina, e máis aínda se é unha plasti nova! 
A través do xogo démonos conta de todo o que xa sabíamos, pois éramos capaces de escribir o noso nome coa plastilina.
Aquí vos mostramos algúns exemplos.


Un saúdo!!

xoves, 5 de novembro de 2015

CONTACONTOS: FLORINDA

Despois dun tempo de descanso, retomamos a actividade deste blog que estará dedicado a toda a etapa de Educación Infantil. Deste xeito, poderemos compartir con vós a nosas experiencias en tres, catro e cinco anos.
Hoxe compartimos a visita tan especial que tivemos no cole, pois veu a contarnos uns contos marabillosos a bruxa Florinda. Todos os nenos de Educación Infantil estiveron moi atentos e participaron con grande ledicia nos contos que tan ben nos contou Florinda. Aquí vos deixamos unhas imaxes deste contacontos.

Agardamos que vos guste.



Un saúdo!