sábado, 23 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO

Ola a todos e todas!
Esta semana estivemos a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e, por iso, tivemos algunhas sorpresas. 
O xoves recibimos a visita dunha conta-contos marabillosa que nos mergullou nunhas historias preciosas. Neste contacontos gozamos con tres historias moi divertidas: O planeta Sirabum, no que todos os problemas teñen solución. O elefante Dante, que aprendeu a quererse tal e como é. E Os amigos Álvaro e Paco, que despois dalgunhas diferenzas creceu entre eles unha boa amizade. Con estes tres contos aprendimos que as diferenzas non importan, que todos temos cousas en común e que debemos axudarnos a superar xuntos os obstáculos.

Por outra banda e para rematar a semana, o venres pasámolo moi ben cunha iniciativa moi chula do cole, chamada Padriños Lectores. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6 º de EP "apadriñan" pequenos grupos dos cursos inferiores aos que lles contan contos moi divertidos. Os alumnos/as de 3 anos foron apadriñados por nenos/as de 5º de EP e os de 4 e 5 anos foron apadriñados por nenos/as de 6º de EP. Foi un día diferente e pasámolo en grande!

Un saúdo!


CONTA-CONTOS




PADRIÑO LECTOR





Ningún comentario:

Publicar un comentario