Propoñemos para hoxe estes movementos!
A ensinanza que deixa pegada non é aquela que se fai de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón.
venres, 29 de maio de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
De que cor é un bico?
Á nosa protagonista de hoxe encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será?
Se queredes saber a resposta, prestade atención a este conto tan bonito:
mércores, 27 de maio de 2020
Xogamos coa arte?👩🏻🎨
Como agora xa podemos saír a dar paseos, respirar aire puro e estar en contacto coa natureza. Pensamos sería boa idea recoller algunhas flores e follas para realizar a seguinte proposta, baseada no cadro de arte do autor ARCIMBOLDO, titulado:
a Primavera.
1. Propoñemos, antes de realizar o cadro, un xogo para pensar:
2. Agora sí, unha vez resolto o misterio:
Se non sodes quen de atopar moitas flores, aquí en este enlace deixámosvos algunhas imaxes para descargar.
martes, 26 de maio de 2020
Emocións
Hoxe propoñémosvos este xogo en familia das emocións.
Se queredes pasalo ben doutro xeito, aquí tedes esta proposta:
luns, 25 de maio de 2020
Construímos!
Hoxe propoñemos este xogo!
Seguro que vos salen figuras chulísimas!
Hai que ter en conta as idades e o que pode facer cada neno/a, para ir ampliando dificultade.
venres, 22 de maio de 2020
Día da Diversidade Biolóxica
Hoxe celebramos o Día da Biodiversidade ou Diversidade Biolóxica, e aquí tedes uns videos para saber un pouquiño máis:
E unha lista de reproducción no que podedes coñecer distintos animais do mundo
E unha lista de reproducción no que podedes coñecer distintos animais do mundo
Etiquetas:
aprender,
biodiversidade,
COMMEMORACIÓNS,
natureza,
PROXECTO,
recursos
xoves, 21 de maio de 2020
DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL
Vivimos nun planeta con unha gran diversidade cultural, e iso é riqueza.
Etiquetas:
cultura,
diversidad,
PROXECTO,
TRADICIONS,
valores,
viaxamospolomundo
Experimento VI
Hoxe propoñemos facer outro material parecido á plastilina que lles gusta moito utilizar aos nenos e nenas!
Por suposto, non é exactamente igual á que podemos mercar, pero pódese amasar, desemenuzar e facer moldes.
mércores, 20 de maio de 2020
Xogamos coas letras!
Hoxe propoñemos un xogo para os máis curiosos!
Dependendo do neno-a podedes incrementar a dificultade do xogo, empezando coas vogais, pasando por vogais e consonantes significativas (por estar no seu nome, no de mamá e papá, dos seus compañeir@s...) a escoller calquer obxecto e xogar a buscar as súas letras.
martes, 19 de maio de 2020
luns, 18 de maio de 2020
Día Internacional dos Museos : Museo Ghibli - Tokyo
No Día Internacional dos Museos viaxamos a Tokyo para visitar o Museo Ghibli , creado polo mestre animador Hayao Miyazaki, ganador dun Oscar á mellor película de animación por El viaje de Chihiro. O seu obxectivo é que os nenos (que son tratados como adultos) e os mozos de espíritu descubran, sintan, disfruten e reflexionen.
domingo, 17 de maio de 2020
Eu 💜galego!
Este ano adicouse o día das Letras Galegas ao autor:
Ricardo Carvalho Calero
Como cada ano, Os Bolechas presentan un conto que resume dunha forma sinxela e divertida, a vida e algunhas obras máis importantes dos autores e autoras homenaxeados.
Desde BIBLIO ANXO propóñennos unhas recomendacións lectoras en galego fenomenais!
E para rematar, que vos parece esta canción para celebrar que...
VIVAMOS COMO GALEGOS!!
venres, 15 de maio de 2020
Feliz día da família!
Hoxe é o día internacional da familia.
E máis que nunca, nos tempos e a situación que estamos a vivir, A FAMILIA é o máis importante da nosa vida. Xuntos conseguiremos superar estes momentos difíciles.
Moitas apertas e saúdos do Equipo de E.I.
Hoxe, propoñemos este xogo tradicional, pero moi divertido, para pasar tempo xuntos!
Coa vosa imaxinación e creatividade seguro podemos darlle un pouco de color!
xoves, 14 de maio de 2020
mércores, 13 de maio de 2020
La magia de los aplausos
Hai moito tempo que non nos vemos... todo o equipo de Educación Infantil mándavos moitos saúdos e abrazos.
Estamos desexando vervos de novo.
Aproveitamos para mandarvos unha forte aperta a todas as familias e desexamos que todas esteades ben de saúde!
——————————-
Durante este confinamento hai dous momentos do día que todos esperamos con ansia (o de saír á rúa) e o momento de aplaudir.
De isto trata este novo conto titulado:
“La magia de los aplausos”
Propoñémosvos como actividade:
martes, 12 de maio de 2020
Sopa de ZIgZags
Seguimos con outra das propostas de Hervé Tullet, neste caso unha marabillosa
Sopa de Zigzags.
Aquí vos deixo o diseño do prato, por si queredes!
luns, 11 de maio de 2020
Experimentos V
Hoxe aprenderemos sobre a densidade dos líquidos facendo experimentos caseiros e sinxelos con auga, aceite e algún ingrediente máis!
É importante que antes de cambiar ao seguinte paso fagades preguntas e faledes do que ocorre, queremos favorecer (aínda máis) a curiosidade e a investigación dos feitos.
Se o de falar non é o voso...os debuxos son fiel reflexo dos seus pensamentos!
E coidado, como vedes á algunha sóubolle a mestura!
venres, 8 de maio de 2020
Movémonos!
Para irnos preparando para o fin de semana, esta proposta de movemento!
Bo fin de semana!!
xoves, 7 de maio de 2020
E soplarei e soplarei...
Todas as semanas levamos a cabo na aula actividades que favorezan o desenvolvemento da linguaxe oral, dentro do Programa PELO (para favorecer a área de comunicación e representación)
Seguro estades a falar moitísimo (isto é bo para este desenvolvemento) pero tamén debemos traballar outros aspectos, como por exemplo neste caso: o soplo.
A continuación suxerímosvos estes pequenos e sinxelos xogos.
mércores, 6 de maio de 2020
Xogos matemáticos
Hoxe traémosvos un xogo básico e importantísimo para o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais dos nenos e nenas, ademais de favorecer o aprendizaxe da Xeometría e a contribución da formación de ideas abstractas:
O TANGRAM
Se vos cansades de imaxinar e crear novas figuras, podedes consultar esta guía que trae propostas moi interesantes e con diferentes dificultades!
martes, 5 de maio de 2020
Orellas de bolboreta
Hoxe, se vos apetece velo, deixámosvos este conto, partindo da proposta da biblio #eucontonacasa.
É un dos imprescindibles na nosa biblioteca, conto que trata o acoso escolar, unha realidade que atañe a moitísimos nenos e nenas. (Aproveitando que o 2 de Maio foi o día internacional contra o Bullying)
Tamén a importancia da figura de apego, que ofrece seguridade e autoestima, así como a forza para enfrentarse aos problemas!
Neste caso de mamá!
venres, 1 de maio de 2020
PRIMEIRA SAÍDA DOS MINIANXOS
E POR FIN SAÍMOS Á RÚA!!!
Para moit@s foi a nosa primeira saída á rúa e así a disfrutamos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)